As actividades da Axenda Urbana para escolares chegan a Salcedo

As actividades da Axenda Urbana de Pontevedra para nenos e nenas chegaron hoxe a Salcedo. Desta volta, á Ludoteca FANPA “Conciliaverán” do CEIP de Cabanas. Os nenos e nenas de Infantil e Primaria traballaron conxuntamente as páxinas da Axenda Xigante coas súas propostas para mellorar o futuro do planeta e, por suposto, tamén o da nosa cidade. Os escolares mostráronse moi preocupados polas condicións de vida dos animais que viven na rúa e destacaron a necesidade de ter máis parques e xardíns, para que Pontevedra sexa unha cidadeaínda máis verde. Tamén reflexionaron, desde o libro "A miña cidade", sobre os aspectos máis amigables do medio urbano de Pontevedra, comopor exemplo a peonalización e a posibilidade de poder xogar libremente e con seguridade nas prazas e parques. Xa temos a nosa Axenda Xigante case rematada!

 

#axendaurbanapontevedra #anosaAxenda #Quepodofacereu? #acidadequequeremos