As actividades da Axenda Urbana para nenos e nenas rematan a súa andaina en Campañó

Os máis pequenos e pequenas pintan moito no futuro da cidade. Por iso ao longo destas semanas escoitamos as súas propostas para mellorala e recollemos as mesmas en forma de debuxo. Hoxe rematamos a nosa andaina na ludoteca Conciliaverán do CEIP Parada de Campañó e a cativada de infantil e primaria fixo verdadeiras obras de arte en torno á reciclaxe, o fomento do uso da bici, o coidado da natureza e tamén pedindo máis museos, unha bibliiteca municipal ou un parque con tirolina. Quedou unha #AxendaUrbanaPontevedra ben xeitosa tanto na forma coma no fondo.

#axendaurbanapontevedra #anosaAxenda #Quepodofacereu? #acidadequequeremos