Obxetivo estratéxico: «Fomentar la cohesión social y buscar la equidad».
Desde este ámbito estratéxico, garantirase a implementación de accións transversais ás diferentes áreas da cidade (espazo público e mobilidade, economía, vivenda ou servizos) a fin de garantir a inclusión social e minimizar as desigualdades e continuar coa construción dunha cidade inclusiva e segura.
A procura da cohesión e a integración social constituíu un aspecto altamente relevante na transformación urbana, co obxectivo de conseguir unha accesibilidade universal no espazo urbano, soporte e impulso para o progreso social, o crecemento económico e o desenvolvemento da cidadanía.
Prestarase especial atención á creación dun contorno urbano feminista, continuando coa inclusión dunha perspectiva de xénero na transformación urbana; deseñando unha cidade viva, camiñable e accesible, con espazos sen especializar; mellorando a mobilidade con perspectiva de xénero; e beneficiando a todas as persoas que se incorporen aos coidados e a vida cotiá. Ademais, en liña co progresivo envellecemento da poboación, abordarase a necesidade de incluír políticas sociais orientadas a fomentar un envellecemento activo e conseguir un contorno agradable, seguro, accesible e activo.
Obxectivos específicos:
- Reducir o risco de pobreza e exclusión social en contornos urbanos desfavorecidos.
- Buscar a igualdade de oportunidades desde unha perspectiva de xénero, idade e capacidade.
Actuacións estratéxicas:
- 1 Impulso e desenvolvemento do Edificio Sociocomunitario Centro Sur.
- 2 Contorno Urbano Feminista.
- 3 Estratexia de envellecemento activo e prevención da soidade non desexada.