Obxetivo estratéxico: «Prever e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resilencia».
Ante as ameazas dos efectos do cambio climático, Pontevedra enfróntase a un xeneralizado aumento das temperaturas, así como dos episodios de chuvias extremas, unha ameaza para un contorno natural tan vulnerable como é a rede marítimo-fluvial de Pontevedra, ademais do potencial risco de incendios, agravado por unha elevada porcentaxe de especies pirófitas e exóticas na coroa forestal que bordea a cidade.
Ante esta situación, xorde a necesidade de incrementar as estratexias de adaptación aos efectos do cambio climático, a través dun contorno urbano e medioambiental resiliente e sostible, de actuacións orientadas a diminuír os efectos do cambio climático ou de proxectos de descarbonización, coa finalidade de consolidar Pontevedra como cidade cun modelo sostible e saudable.
Obxectivos específicos:
- Adaptar o modelo territorial e urbano aos efectos del cambio climático e avanzar na súa prevención.
- Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático.
Actuacións estratéxicas:
- 1 Renaturalización e recuperación de espazos naturais e adaptación de Pontevedra aos efectos do cambio climático.
- 2 Planificación, aproveitamento sostible e mellora da biodiversidade da coroa forestal e os espazos naturais.
- 3. Restauración, renaturalización, posta en valor social e adaptación ao cambio climático do tramo urbano do río Lérez.
- 4. Implementación dunha zona de tráfico reducido no conxunto urbano.