Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Territorio sostible e natural

Obxectivo estratéxico: «Ordenar el territorio y hacer un uso racional del suelo, conservarlo y protegerlo». 

A fin de abordar un uso racional do territorio, que posibilite un contorno urbano vinculado co ámbito que ocupa, enténdese Pontevedra como bisagra entre as comarcas do Morrazo e O Salnés, así como cabeceira da súa área de influencia (conformada por Marín, Sanxenxo, Poio, Vilaboa e Bueu), sen esquecer o seu papel na rexión urbana Vigo-Pontevedra, unha das máis dinámicas de Galicia, dentro do Eixe Atlántico. Pontevedra, como núcleo urbano compacto e integrado, asume como reto a necesidade de articular estratexias supramunicipais que incorporen os diferentes tecidos urbanos, así como estratexias que dean resposta á clara continuidade urbana existente. 

Perséguese tamén a integración da natureza na área urbana ou cidade compacta, a través dunha rede integrada de infraestrutura verde e azul que garanta a biodiversidade e a conectividade ecolóxica e vincule, ademais a área urbana co medio rural.  

Obxectivos específicos: 

  • 1.1. Ordenar o solo de maneira compatible co seu contorno territorial 
  • 1.2. Conservar e mellorar o patrimonio natural e cultural e protexer a paisaxe 
  • 1.3. Mellorar as infraestruturas verdes e azuis e vinculalas co contexto natural 

Actuacións estratéxicas:  

  • 1.1. Plan de infraestrutura verde e cambio climático 
  • 1.2. Elaboración dun plan territorial integrado 
  • 1.3. Posta en valor do patrimonio cultural 
  • 1.4. Corredores fluviais. Mellora do estado de conservación e a conectividade cidade-coroa forestal