A cidade que imaxinas

Pontevedra

Qué é a Axenda Urbana?

Cales son os actuais retos da cidade de Pontevedra?
Como queremos que sexa a Pontevedra do futuro?

A Axenda Urbana de Pontevedra trata de dar resposta a estas e outras cuestións para deseñar, dentro do marco da Axenda Urbana Española, un plan de acción cun total de dez dimensións estratéxicas que permitan conseguir unha Pontevedra sostible, inclusiva, diversa e agradable para os seus habitantes.

A Axenda Urbana de Pontevedra créase no marco da convocatoria de axudas á elaboración dos proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española, dentro do ODS 11 Cidades e Comunidades Sostibles.

O financiamento da Unión Europea, a través dos Fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana Española, foi clave para a creación da Axenda Urbana de Pontevedra.

Diagnose previa

Como punto de partida á elaboración do Plan de Acción da Axenda Urbana de Pontevedra levouse a cabo unha diagnose previa, realizada con base nos dez obxectivos estratéxicos marcados na Axenda Urbana Española. Esta diagnose permítenos obter unha análise e unhas conclusións do estado actual de Pontevedra e detectar as potencialidades da cidade e os seus retos futuros.

1.

Territorio, paisaxe e biodiversidade
 

2.

Modelo de
cidade
 

3.

Cambio climático
e resilencia
 

4.

Xestión sostible dos recursos e economía circular

5.

Mobilidade
e transporte
 

6.

Cohesión social e igualdade de oportunidades

7.

Economía urbana
 
 

8.

Vivenda
 
 

9.

Era dixital
 
 

10.

Instrumentos
e Gobernanza
 

Ámbitos estratéxicos

Os ámbitos estratéxicos ou dimensións estratéxicas enmarcarán as distintas liñas de actuación que compoñen a Axenda Urbana de Pontevedra e o seu Plan de Acción.

Territorio sostible e natural

Contorna urbana saudable e activo

Resiliencia e cambio climático

Xestión sostible dos recursos

Cidade camiñable e conectada

Cidade feminista e cohesiva

Economía creativa

Vivenda

Contorno innovador e intelixente

Cidadanía participativa