Documentación

Documentos

Videos

Os nenos e nenas pintan moito no futuro da nosa cidade. Así o amosaron nas actividades da Axenda Urbana de Pontevedra para as ludotecas do “Conciliaverán” da FANPA. Debateron, dialogaron, propuxeron unha chea de iniciativas para facermos, entre todos e todas, unha Pontevedra mellor.

 

No ámbito da Axenda Urbana volven a Santa Clara os encontros de Urbtopías sobre o futuro das cidades. Na primeira xornada, a bioconstrución foi o tema que centrou o debate e as reflexións de Carlos Quintáns, arquitecto e profesor de Construción na ETSA da Coruña y da arquitecta Cristina Ansede, moderados pola xornalista María Hermida.

 

O segundo encontro do Foro Axenda Urbana-Urbtopías tivo a compostaxe como tema de debate e foi moderado polo xornalista Jesús Cintora. O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra e impulsor do Plan Revitaliza, César Mosquera, destacou a necesidade de facer dos residuos un recurso en lugar dun problema, tendo en conta que preto do 50% dos residuos mundiais son orgánicos. Pola súa parte, Javier Olleros, cociñeiro con dúas estrelas Michelín co seu restaurante “Culler de Pau”, falou da urxencia de “pasar á acción” para facer máis sostible e ecolóxica a actividade profesional. Desa conciencia ambiental naceu a iniciativa, no seu restaurante, de instalar contedores de compostaxe, que fertilizan a horta e un invernadoiro que botaron a andar no Grove. Deste xeito, conseguiron reducir os residuos nun 70%, ser máis autosuficientes e contribuír a transformar o entorno máis próximo.

PONTEVEDRA presenta a súa AXENDA URBANA, Un documento estratéxico que debuxa a Pontevedra do futuro, un futuro que empezamos a construír entre todos e todas hai máis de 20 anos para converter o noso concello nun referente de sostibilidade, dinamismo económico e benestar.

Unha cidade que apostou por reducir o CO2 e incrementar o PO2, un ar que se expande cando apostamos por recuperar o espazo público para as persoas, por unha economía circular e creativa e polo respecto ao medio que habitamos, producindo un efecto, o EFECTO PO2, xerador de vida e esperanza no futuro do planeta.

Pero que Pontevedra queremos para o futuro? Cales son os retos aos que nos enfrontamos e como podemos contribuír desde o local aos obxectivos e retos globais contra o cambio climático?

A través dun intenso proceso participativo a Axenda Urbana Pontevedra sae á rúa para preguntarlle á cidadanía sobre diversos aspectos da nosa cidade: actividades, cuestionarios e foros con especialistas serven de punto de encontro para o diálogo e o debate sobre sobre o presente e o futuro da cidade imaxinando novas URBTOPÍAS e identificando melloras relacionadas coa planificación, o financiamento e a gobernanza, así como a transparencia e a participación da veciñanza. Unha participación cidadá que permite orientar e definir as liñas de actuación a longo prazo dunha cidade que quere ir a máis, porque a AXENDA URBANA é sinónimo de MÁIS PONTEVEDRA.

Podcasts

O xornalista Rodrigo Cota entrevista ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e á concelleira de Fondos Europeos, Anabel Gulías, sobre a Axenda Urbana, o modelo de cidade e os retos pendentes de futuro.

https://open.spotify.com/episode/3tzc8XkbEunJBTTJHl0U7r?si=sa_MfWrgSs6gSa6v78PreQ

A xornalista Ana Buela entrevista aos arquitectos Carlos Quintáns e Cristina Ansede, especialistas en bioconstrución, que participaron no Foro Axenda Urbana-Urbtopías, para falar de sostibilidade e construción, explorando novos modelos construtivos que respecten o medio ambiente, que melloren a calidade das persoas. da vida, que posibilitan unha vivenda ecoeficiente e sostible.


https://open.spotify.com/episode/6NSgVpVnWAObjqsnI1mh0L?si=soBywpWRRDOpKfVjIGbhDQ