Visor da Axenda Urbana

O visor desta Axenda Urbana consiste nun xeoportal para a consulta dos indicadores urbanos en formato mapa, gráfico e táboas. Estes indicadores permitirán realizar comparacións temporais dos valores que presente Pontevedra desde o momento actual e ata o ano 2030. Grazas a este seguimento veremos como as accións realizadas no plan de acción modifican os indicadores para avanzar cara ao obxectivo de Pontevedra nesta Axenda Urbana.

Indicadores de seguimento e avaliación

O conxunto de indicadores de seguimento e avaliación propostos na Axenda Urbana Española está asociado a cada un dos obxectivos específicos nos que se desenvolven os obxectivos estratéxicos da axenda. Estes indicadores adáptanse á situación de partida e ao contexto de cada unha das cidades e áreas urbanas.

Territorio, paisaxe e biodiversidade

Indicador 1.1.1: Incorporáronse nos instrumentos de ordenación territorial e urbanística criterios para asegurar o uso racional do solo que atendan ao principio de desenvolvemento sostible?

Valor actual: 2/3

  • Instrumento 1: Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia.
  • Instrumento 2: Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra

Compromisos 2030: 3/3 (Elaborar, conxuntamente cos municipios do contorno metropolitano e en colaboración coa Xunta de Galicia, un plan territorial integrado da área urbana de Pontevedra, que aborde a ordenación territorial da área e permita equilibrala a nivel interno, así como consolidar e potenciar o seu papel dentro do sistema urbano galego. Actualizar o Plan xeral de ordenación municipal unha vez estea aprobado o futuro PTI para adaptalo ao modelo territorial da área urbana e a lexislación urbanística vixente).

 

Indicador 1.1.2: Correlación entre urbanización de solo, dinámica demográfica, emprego e actividades económicas.

Valor actual: 0,83

Compromisos 2030: 0,83 (Realizar o seguimento e revisar no marco do PXOU. Incorporar as necesidades de vivenda que poidan xurdir no futuro a unha hipotética revisión futura do PXOM).

 

Indicador 1.1.3: Orzamento das actuacións previstas de fomento da actividade agrícola, gandeira e de desenvolvemento rural sostible no solo preservado da transformación urbanística.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: 1.000.000-3.000.000 € (Proponse implementar medidas que faciliten a explotación dos recursos forestais, mellorando o seu rendemento e reducindo o risco de incendios forestais).

Indicador 1.2.1: Disponse dun plan de xestión municipal do patrimonio natural e cultural, ou instrumento equivalente, para asegurar a súa adecuada conservación e posta en valor?

Valor actual: 0/2

Compromisos 2030: 2/2 (elaborar instrumentos para a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Pontevedra e da paisaxe):

 

Indicador 1.2.2: Orzamento das actuacións previstas de mellora e/ou conservación do patrimonio natural e cultural, incluíndo as encamiñadas á mellora da conexión urbana-rural.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: > 4.450.000,00 € (Implementaranse diversas medidas orientadas á posta en valor do patrimonio natural e cultural e á conexión entre este e o resto do territorio municipal).

 

Indicador 1.2.3: Superficie de edificios ou lugares pertencentes ao patrimonio cultural rehabilitados ou mellorados.

Valor actual: 0 m²

Compromisos 2030: ± 5.000 m² (Proponse seguir incrementando a rehabilitación e mellora de edificios e lugares con valores patrimoniais culturais, con diversas fórmulas e intensidades de intervención).

Indicador 1.3.1: Realizouse unha planificación do desenvolvemento en rede e da conectividade das infraestruturas verdes e azuis co contexto natural?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (desenvolver a Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana de Pontevedra prevista).

 

Indicador 1.3.2: Superficie de solo destinado a infraestruturas verdes urbanas sobre as que se van realizar actuacións de recuperación, mellora e interconexión para o seu funcionamento en rede.

Valor actual: 0 ha

Compromisos 2030: 250-1.000 ha (Incrementar a cantidade de solo destinado a infraestruturas verdes e mellorar a súa funcionalidade ecolóxica e a súa conectividade e continuidade espacial):

Modelo de cidade

Indicador 2.1.1: Incorporáronse nos instrumentos de ordenación criterios que melloren a compactidade e o equilibrio urbano na cidade consolidada e nos novos desenvolvementos?

Valor actual: Si

O plan xeral actual prevé un crecemento urbano contido e focalizado en completar os tecidos urbanos existentes.

Compromisos 2030: Si

Indicador 2.1.2: Porcentaxe de poboación próxima aos principais servizos básicos (SIG).

Valor actual: s.d./ s.d./ 50%/ 51%/ 72%/ 40%/ s.d./ 19%/ s.d./

s.d./ s.d./ s.d./

Alimentos e produtos diarios:

– 2.1.2a: poboación a menos de 300 m de lugares de abastecemento básico: s.d.

– 2.1.2b: poboación a menos de 500 m dun mercado municipal: s.d.

Centros educativos:

– 2.1.2c: poboación a menos de 300 m dun centro de educación infantil: 50%.

– 2.1.2d: poboación a menos de 300 m dun centro de educación primaria: 51%.

– 2.1.2e: poboación a menos de 500 m dun centro de educación secundaria: 72%.

Centros sanitarios:

– 2.1.2f: poboación a menos de 500 m dun centro de saúde: 32%.

– 2.1.2g: poboación a menos de 1000 m dun hospital: s.d.

Centros sociais:

– 2.1.2h: poboación a menos de 500 m dunha residencia de anciáns: 28%.

Centros deportivos:

– 2.1.2i: poboación a menos de 500 m dun centro deportivo de uso público: s.d.

Centros culturais:

– 2.1.2j: poboación a menos de 500 m dun centro cultural: s.d.

Centros de entretemento:

– 2.1.2k: poboación a menos de 500 m dun cinema, teatro ou centro de lecer: s.d.

Recollida selectiva de residuos:

– 2.1.2l: poboación a menos de 100 m dun punto de recollida selectiva de residuos: s.d.

Compromisos 2030: 67% / 40% / 60% / 60% / 75% / 50% / 20% / 33% / 67% / 50% / 33% / 90% 

Proposta de acción ampliación de diferentes servizos para alcanzar unhas mellores condicións de proximidade.

 

Indicador 2.1.3: Superficie de edificios públicos e instalacións municipais sobre a que se van realizar actuacións de mellora da calidade e adecuación á demanda existente.

Valor actual: 0 m²

Compromisos 2030: 10.000 – 25.000 m² (Compromiso: mellorar a calidade de determinados edificios públicos con problemas de confort e de eficiencia enerxética e adecuación dos usos en edificios públicos infrautilizados).

Indicador 2.2.1: Incorporáronse nos instrumentos de ordenación criterios que melloren a complexidade funcional e a mestura de usos na cidade consolidada e nos novos desenvolvementos?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Analizar as problemáticas existentes en relación coa falta de diversidade de usos e, de habelas, corrixilas mediante cambios normativos).

 

Indicador 2.2.2: Superficie de solo urbano no que se van realizar actuacións de mellora e readecuación dos usos, para favorecer a proximidade e a diversidade de usos na cidade.

Valor actual: 0 ha

Compromisos 2030: 50 – 250 ha (Facilitar as intervencións que favorezan a proximidade, a diversidade e a mestura de usos na cidade).

Indicador 2.3.1: Disponse dun plan de mellora do espazo público, que identifique os problemas e programe actuacións para garantir a accesibilidade universal e a redución do ruído?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Elaborar un plan de mellora do espazo público e de accesibilidade universal de Pontevedra que, en coordinación co PMUS, oriente as actuacións nesta materia).

 

Indicador 2.3.2: Superficie de solo destinada a espazos públicos urbanizados, sobre os que se van realizar actuacións de mellora de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.

Valor actual: 0 ha

Compromisos 2030: 10-50 ha (Introducir criterios de accesibilidade universal en todas as intervencións sobre o espazo público no municipio).

 

Indicador 2.3.3: Superficie de solo destinado a espazos públicos nos que se van levar a cabo actuacións para a redución do ruído e a mellora do confort acústico.

Valor actual: 0 ha

Compromisos 2030: 10-50 ha (Introducir criterios de confort acústico e redución do ruído en todas as intervencións sobre o espazo público no municipio).

Indicador 2.4.1: Disponse de plans de mellora da calidade do medio natural urbano orientados á mellora das zonas verdes urbanas e á redución da contaminación?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Elaboración dun plan de mellora da calidade do medio natural urbano ligado á definición da infraestrutura verde municipal).

 

Indicador 2.4.2: Porcentaxe de poboación próxima a zonas verdes urbanas ou áreas de esparexemento (SIG).

Valor actual: Sen datos

Compromisos 2030: 90% (Obter os datos relativos á xeolocalización das zonas verdes existentes e calcular o grao de cobertura en proximidade destas. Establecer medidas para alcanzar unha cobertura do 90 % da poboación do municipio con acceso a zonas verdes en condicións de proximidade).

 

Indicador 2.4.3: Superficie de solo urbano suxeita a actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora.

Valor actual: 0 ha

Compromisos 2030: 100 – 250 ha (Incrementar as actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora de solo urbano).

Indicador 2.5.1: Disponse dalgún plan de rexeneración urbana de barrios, que incorpore actuacións de mellora social, económica e ambiental?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Elaborar algún plan de rexeneración urbana en barrios vulnerables ou incorporar programas sociais e/ou laborais ao desenvolvemento das ARI).

 

Indicador 2.5.2: Orzamento das actuacións de rexeneración urbana previstas en barrios vulnerables desde o punto de vista social, económico ou ambiental.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: > 4.200.00,00 € (Incrementar as actuacións de rexeneración urbana nas áreas identificadas como vulnerables, incluíndo medidas de tipo socioeconómico.)

 

Indicador 2.5.3: Orzamento das actuacións en materia de rehabilitación urbana acollidas a plans públicos de vivenda.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: Pendente de definir (Os orzamentos para comprometer nesta materia están pendentes da definición das políticas municipais de vivenda).

Indicador 2.6.1: Disponse dalgún plan de rehabilitación dos edificios que realice un diagnóstico da súa situación e estableza prioridades e actuacións para impulsar a súa mellora?

Valor actual: Si

O Concello conta con dúas áreas de rehabilitación integral (ARI): ARI Centro Histórico e ARI Núcleo de Estribela.

Compromisos 2030: Elaborar un plan que leve a cabo unha análise das edificacións necesitadas de actuacións de rehabilitación e que estableza medidas e programas de actuación que permitan levalas a cabo.

 

Indicador 2.6.2: Superficie de edificios suxeitos a actuacións de rehabilitación.

Valor actual: 0

Compromisos 2030: Pendente de definir (Fixarase un obxectivo de edificios para rehabilitar unha vez realizado un estudo que determine as necesidades de rehabilitación e que se estableza a asignación orzamentaria para os programas respectivos).

 

Indicador 2.6.3: Número de vivendas suxeitas a actuacións de rehabilitación.

Valor actual: 0

Compromisos 2030: Pendente de definir (Fixarase un obxectivo de vivendas para rehabilitar unha vez realizado un estudo que determine as necesidades de rehabilitación e que se estableza a asignación orzamentaria para os programas de vivenda).

Cambio climático

Indicador 3.1.1: Disponse dalgún plan ou estratexia para a adaptación ao cambio climático de ámbito local e prevención fronte ás regas naturais?

Valor actual: Si

Compromisos 2030: Incrementar a planificación en materia de adaptación e riscos climáticos (Elaborar un PACES do Concello de Pontevedra ou documento similar e plans de prevención e emerxencias ante os principais riscos naturais detectados, no marco do proxecto Efecto PO2).

 

Indicador 3.1.2: Superficie de solo urbano na que se prevé realizar actuacións de mellora ou prevención de riscos naturais, incluíndo o risco de incendios e inundacións.

Valor actual: o ha

Compromisos 2030: 100-500 ha (Incorporar os criterios de prevención de riscos naturais a todas as intervencións de escala territorial).

Indicador 3.2.1: Disponse dalgún plan ou estratexia de calidade do aire que realice un diagnóstico da súa situación e estableza prioridades e actuacións para impulsar a súa mellora?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Integrar a planificación da calidade do aire no proxecto Efecto PO2).

 

Indicador 3.2.2: Redución anual estimada de gases de efecto invernadoiro (GEI) e do número de días en que se superan os límites de calidade do aire).

Valor actual: Sen datos / 10 días

Compromisos 2030: -40% (tCO2eq) / 0 días (Proponse reducir as emisións de GEI nun 40 %, en liña cos compromisos de referencia establecidos no Pacto das Alcaldías).

Indicador 3.3.1: Disponse dalgún plan ou estratexia para a mellora da resiliencia das cidades ante situacións adversas e a redución de danos?

Valor actual: Parcial

  • Instrumento 1: Plan de emerxencias municipal

Compromisos 2030: Integral (desenvolver a Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Resiliencia Urbana de Pontevedra prevista).

 

Indicador 3.3.2: Superficie de solo urbano na que se prevén realizar actuacións de mellora ou creación de zonas verdes e/ou espazos abertos baseados en modelos autóctonos e criterios bioclimáticos.

Valor actual: 0 ha

Compromisos 2030: 250 – 1.000 ha (Integrar os modelos autóctonos e os criterios bioclimáticos nas intervencións sobre zonas verdes e/o espazos abertos. Mellorar os que estean en peor estado ou os que teñan maior capacidade de dar servizo á poboación).

Xestión sostible dos recursos e economía circular

Indicador 4.1.1: Disponse dalgún plan ou estratexia de acción para a enerxía sostible (PAES) ou instrumento equivalente que estableza obxectivos locais neste ámbito?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Elaborar un PACES do Concello de Pontevedra ou documento similar no marco do proxecto Efecto PO2).

 

Indicador 4.1.2: Consumo de enerxía pola edificación en infraestruturas e servizos públicos.

Valor actual: Sen datos

Compromisos 2030: Obter datos e establecer compromisos (Elaborar un PACES do Concello de Pontevedra ou documento similar, que realice un reconto da enerxía consumida no municipio e o seu correspondente inventario de emisións de GEI. Desenvolver no marco do proxecto Efecto PO2. Implementaranse comunidades enerxéticas en núcleos rurais e no Polígono Industrial du Campiño, que se abastezan de enerxías 100 % renovables e que reduzan o consumo de electricidade).

Indicador 4.2.1: Disponse dalgún plan de xestión sostible da auga ou instrumento equivalente que permita avanzar na sostibilidade e eficiencia dos recursos hídricos da cidade?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027.
  • Instrumento 2: Plan de saneamento local da ría de Pontevedra.
  • Instrumento 3: Plan de procura e eliminación de fugas de Pontevedra,
  • Instrumento 4: Plan para a renovación de servizos de abastecemento de auga.

Compromisos 2030: Si (Implementar as accións contidas nos plans citados).

 

Indicador 4.2.2: Porcentaxe de autosuficiencia hídrica

Valor actual: Sen datos

Compromiso 2030: Elaborar os datos sobre autosuficiencia hídrica e establecer compromisos en función dos resultados obtidos.

Indicador 4.3.1: Incorporáronse criterios na xestión urbana encamiñados a fomentar o ciclo sostible dos materiais e recursos no marco da economía circular?

Valor actual: Si

Compromisos 2030: Si (Reforzaranse os programas xa existentes, como o Plan Composta, e implementaranse novos programas para fomentar o ciclo sostible dos materiais e recursos como o téxtil, así como accións de sensibilización e de seguimento e avaliación).

 

Indicador 4.3.2: Orzamento investido en actuacións que empregan materiais locais e facilmente reciclables.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: > 30.000.000,00 € (Incorporar, como un criterio xeral de todas as obras que desenvolverá o Concello de Pontevedra, o fomento da economía circular e o emprego de materiais locais e facilmente reciclables).

Indicador 4.4.1: Disponse de plans de xestión de residuos ou equivalentes, co obxectivo de aumentar a porcentaxe de recollida selectiva e reciclaxe?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: Plan de Compostaxe de Pontevedra.
  • Instrumento 2: Proxecto de reciclaxe canle Horeca.

Compromisos 2030: Si (Reforzaranse os programas de recollida selectiva xa existentes, como o Plan Composta, e implementaranse novos programas de recollida selectiva, así como accións de sensibilización e de seguimento e avaliación).

 

Indicador 4.4.2: Xeración de residuos por habitante.

Valor actual: 340 Kg/hab x ano (2020) / Rec.Sel. = 12,77% (2020).

Compromisos 2030: 289 Kg/hab x ano (-15%) / Rec.Sel. = 38,31% (x3). (Diminuír a produción de residuos ao redor dun 15% por habitante, e triplicar a porcentaxe de residuos con recollida selectiva).

Mobilidade e transporte

Indicador 5.1.1: Disponse na cidade de plans de transporte ao traballo (PTT) para racionalizar os desprazamentos aos principais centros de traballo?

Valor actual: 0

Compromisos 2030: un, polo menos (Colaborar coas empresas e Administracións públicas responsables dos principais centros de traballo do municipio para establecer unha serie de plans de transporte ao traballo que permitan racionalizar os desprazamentos laborais diarios).

 

Indicador 5.1.2: Distribución modal das viaxes (todos os motivos) na área urbana.

Valor actual: 51% a pé ou bicicleta, 46% vehículo privado, 1% transporte público.

Compromisos 2030: 60 % a pé ou bicicleta, 35 % vehículo privado, 5 % transporte público (Desenvolver actuacións que fomenten o uso de modos de transporte alternativos ao vehículo privado en desprazamentos intermunicipais con orixe/destino Pontevedra, para alcanzar un 60 % da repartición en modos non motorizados, e un 5 % en transporte público, en detrimento do vehículo privado).

 

Indicador 5.1.3: Sostibilidade da distribución urbana de mercadorías (última milla).

Valor actual: 0 centros/km²

Compromisos 2030: 0 centros/km² (Polo momento, non se estima necesario abordar ningunha acción concreta neste ámbito. En todo caso, a súa posible necesidade futura analizarase en próximas revisións do Plan de mobilidade urbana sostible de Pontevedra).

Indicador 5.2.1: Disponse dun Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) na cidade?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: Plan de mobilidade urbana sostible.

Compromisos 2030: Si (Desenvolver o programa de actuacións do PMUS e revisar e actualizar o documento en función das novas necesidades que se vaian expondo).

 

Indicador 5.2.2: Frota de autobuses de baixas emisións ou con combustibles «limpos» dedicados ao transporte público urbano.

Valor actual: Sen datos

Compromisos 2030: O 100 % con tecnoloxía Euro IV ou posterior e, polo menos, un 10 % eléctricos (En primeiro lugar, elaborar os datos detallados sobre a frota e, en segundo lugar, garantir que en 2030 o 100 % desta estea formada por vehículos de tecnoloxía Euro IV ou posterior e que, polo menos, un 10 % estea formada por autobuses eléctricos).

 

Indicador 5.2.3: Número de viaxes en transporte público.

Valor actual: 20.000 viaxes/mes

Compromisos 2030: 30 000 viaxes/mes (Asentar as novas rutas do transporte urbano que levan menos dun ano en funcionamento e o seu número de viaxeiros, para posteriormente analizar os resultados e establecer as actuacións pertinentes para a súa optimización e mellora. Así mesmo, implementaranse actuacións para fomentar o transporte a demanda. O obxectivo estimado é incrementar o uso destas liñas nun 50 %, respecto ás cifras actuais, para favorecer a mobilidade entre o centro urbano e os asentamentos de poboación do contorno territorial).

Cohesión social e igualdade de oportunidades

Indicador 6.1.1: Atópanse adecuadamente identificados os contornos urbanos que presentan un maior grao de vulnerabilidade social, económica e ambiental?

Valor actual: Si

O Atlas da Vulnerabilidade de España identifica os barrios con maior vulnerabilidade de Pontevedra no ámbito da educación, paro e vivenda. No caso de Pontevedra, existe unha única Área Estatística Vulnerable (3603801) con vulnerabilidade leve. Por outra banda, o Estudo de Impacto da Pobreza fai unha análise máis profunda da situación no municipio.

Compromisos 2030: Si (Reforzaranse estes instrumentos de identificación de contornos urbanos con maior grao de vulnerabilidade mediante a elaboración dun plan de identificación e revitalización de contornos degradados, que incluirá unha análise do parque edificado, socioeconómico, urbanístico e de espazo público e ambiental, que, ademais, permitirá manter monitorizado este fenómeno).

 

Indicador 6.1.2: Orzamento investido en actuacións realizadas en barrios vulnerables desde o punto de vista social, económico ou ambiental.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: > 7.200.000,00 € (Implementaranse medidas orientadas á planificación, concretamente para a identificación e revitalización de contornos degradados, e a rexeneración urbana integral en áreas periurbanas).

Indicador 6.2.1: Disponse dun plan ou estratexia a nivel local para garantir a igualdade de oportunidades, o acceso ao mercado de traballo e a vida pública en condicións de igualdade?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: O 4º Plan de Políticas de Xénero 2019-2020

Compromisos 2030: Si (Aprobarase e executarase o V Plan de Políticas de Xénero, e seguirase apostando por esta figura unha vez acabe a vixencia deste, á vez que se desenvolverán actuacións para incluír a perspectiva de xénero no contorno urbano)

 

Indicador 6.2.2: Disponse dun plan ou estratexia que leve a cabo protocolos de detección temperá da vulnerabilidade e/ou exclusión social?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: Plan de Inclusión Social 
  • Instrumento 2: Estudo de impacto da pobreza

Compromiso 2030: Si (Implementaranse complementariamente actuacións de prevención contra a vulnerabilidade, especialmente no ámbito do paro, vivenda e persoas maiores).

 

Indicador 6.2.3: Orzamento investido en actuacións destinadas a garantir a igualdade de oportunidades desde o punto de vista social, económico e ambiental.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: > 9.600.000,00 € (Implementaranse actuacións destinadas á construción dun novo centro social e a favorecer unha cidade que teña en conta a perspectiva de xénero no espazo público, o envellecemento activo, o fomento da empregabilidade xeral e a denominada silver economy, destinada especialmente a maiores de 50 anos).

 

 

Economía Urbana

Indicador 7.1.1: Disponse de plans de mellora da economía e competitividade local, ou instrumentos equivalentes, que recollan actuacións en materia de emprego e actividade económica?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: Plan de reactivación económica Pontevedra Supera
  • Instrumento 2: EDUSI «Máis Modelo Pontevedra»

Compromisos 2030: Si (impulsaranse novas estratexias que faciliten a empregabilidade, o emprendemento creativo, así como unha estratexia centrada na denominada “Silver economy”).

 

Indicador 7.1.2: Orzamento das actuacións previstas para a dinamización do comercio e industria local e de impulso da actividade turística sostible.

Valor actual: 0,00€

Compromisos 2030: ± 4.600.000,00 € (Tratarase de fomentar a produtividade local mediante a implementación de actuacións destinadas ao impulso dun emprendemento creativo, á comercialización de produtos agroalimentarios de proximidade e ao fomento da silver economy. Preténdese, ademais, dinamizar o comercio local e impulsar actuacións que fomenten o turismo de calidade en Pontevedra).

 

 

Indicador 7.2.1: Disponse de plans específicos de reactivación económica e innovación no ámbito do turismo intelixente, sostible, comercio e industria na cidade ou área urbana?

Valor actual: Si

  • Instrumento 1: Plan de sostibilidade turística
  • Instrumento 2: Plan de competitividade turística da cidade de Pontevedra
  • Instrumento 3: Plan de deseño e articulación do produto turístico
  • Instrumento 4: Plan estratéxico de turismo de Pontevedra 
  • Instrumento 5: Plan estratéxico provincial de turismo 2021-2023

Compromisos 2030: Si (Desenvolveranse as medidas incluídas no Plan de sostibilidade turística, así como accións destinadas ao fomento do emprendemento creativo e a comercialización de produtos agroalimentarios de proximidade, que servirán para a dinamización do comercio).

 

Indicador 7.2.2: Número de visitantes atraídos polos activos de patrimonio cultural, natural e paisaxístico.

Valor actual: 146.909

Compromisos 2030: Obxectivo a determinar (Crearase un observatorio turístico que proporcione información estratéxica da actividade no destino, permitindo ter un maior coñecemento dos perfís turísticos que visitan a cidade para optimizar a toma de decisións. En función dos futuros datos do observatorio, estableceranse obxectivos para a actividade turística futura. Paralelamente, fomentarase o turismo de calidade en Pontevedra, mediante a implementación do Plan de sostibilidade turística e a posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico e ambiental da cidade).

Vivenda

Indicador 8.1.1: Disponse dun plan de vivenda local que favoreza a existencia dun parque público e privado de vivenda adecuado á demanda e impulse en particular a vivenda en alugueiro a prezos alcanzables?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Pendente de determinar a súa necesidade (Prevese despregar unha política municipal de vivenda apoiada en varias patas: unha oficina de vivenda, orientada a dar apoio e información aos propietarios; un estudo de vivenda, para a identificación e revitalización de contornos degradados; e un estudo para a implementación da covivenda, que, en sinerxía con outras estratexias, garanta un parque residencial accesible e adaptado ás necesidades da poboación segundo os diferentes grupos de idade ou momentos vitais. De estimarse necesario ao longo do seu desenvolvemento, todas estas políticas poderían confluír nun único plan local de vivenda).

 

Indicador 8.1.2: Número de vivendas suxeitas a réximes de protección incluídas nos plans locais de vivenda.

Valor actual: 0

Compromisos 2030: Pendente de determinar a súa necesidade (ao abeiro das novas políticas municipais de vivenda que se van desenvolver, avaliarase a necesidade de impulsar a construción deste tipo de vivendas, xa sexa desde a iniciativa pública, privada ou mixta).

 

Indicador 8.1.3: Número de vivendas destinadas a alugueiro social a prezo alcanzable.

Valor actual: 159

Compromisos 2030: Obxectivo pendente de determinar (Elaborarase un estudo de vivenda para a identificación e revitalización de contornos degradados, e un estudo para a implantación da covivenda, que definirá as necesidades para 2030 a este respecto).

Indicador 8.2.1: Disponse dun plan de axudas para garantir o acceso á vivenda por parte dos fogares e colectivos máis vulnerables, cunha particular atención a mozas, maiores e afectados por procesos de desafiuzamento?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Pendente de determinar a súa necesidade (Analizar a necesidade dun plan de axudas deste tipo no marco das novas políticas municipais de vivenda).

 

Indicador 8.2.2: Número de persoas beneficiarias dos programas incluídos en plans públicos de vivenda.

Valor actual: 668

Compromisos 2030: Obxectivo pendente de determinar (Elaborarase un estudo de vivenda para a identificación e revitalización de contornos degradados, e un estudo para a implantación da covivenda, que definirá as necesidades para 2030 a este respecto).

Era dixital

Indicador 9.1.1: Disponse dun plan ou estratexia local para avanzar nun modelo urbano intelixente?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Crearase unha estratexia de xestión do dato, que mellorará a xestión urbana a través de ferramentas TIC, ademais do fomento da dixitalización para a xestión da mobilidade na cidade).

 

Indicador 9.1.2: Número de usuarios que están cubertos por un determinado servizo público electrónico de smart cities.

Valor actual: 0

Compromisos 2030: 20.778 (25 % da poboación municipal). (Proponse que algún dos datos ofrecidos na Estratexia de xestión do dato chegue a ser consultado por, polo menos, un 25 % da poboación municipal no horizonte temporal da Axenda Urbana).

Indicador 9.2.1: Incorporáronse criterios para mellorar os servizos de Administración electrónica e reducir a fenda dixital?

Valor actual: Si

Compromisos 2030: Si (Implementaranse novas accións de formación dixital, en dous novos programas, un orientado á formación dixital da cidadanía en xeral, e outro máis concreto de formación dixital orientado á terceira idade).

 

Indicador 9.2.2: Porcentaxe de trámites e xestións a través de internet de empresas e cidadanía.

Valor actual: 52,72%

Compromisos 2030: 99,00% (Dixitalizar completamente os trámites e xestións para realizar coa Administración local, reservando un 1% para os que, por necesidades moi específicas da cidadanía, non sexa posible ou recomendable a súa presentación telemática).

Instrumentos

Indicador 10.1.1: As Ordenanzas municipais son plenamente compatibles e coherentes coa lexislación estatal e autonómica?

Valor actual: Parcial

O Concello conta cun conxunto de ordenanzas e normas en termos xerais ben actualizado. Con todo, determinadas ordenanzas, que proceden da década de 1990, si requirirían unha adaptación ás novas realidades e aos novos marcos normativos.

Compromisos 2030: Integral (Ir actualizando progresivamente durante o período de vixencia da axenda, as normas e ordenanzas máis desactualizadas e aquelas que sufran cambios nos seus marcos normativos).

 

Indicador 10.1.2: O Plan Urbanístico vixente é acorde á realidade urbana e as previsións de crecemento correspóndense cunha demanda real e efectiva?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Non (Polo momento, non se realiza ningún compromiso concreto nesta materia).

 

Indicador 10.2.1: Disponse de orzamentos participativos e/o un plan municipal de participación cidadá que impulse a cidadanía activa e o empoderamento?

Valor actual: Non

Compromiso 2030: Si (Establécense accións para o impulso e consolidación das estruturas participativas municipais, no marco das cales se valorará a pertinencia de aplicar ferramentas tales como os orzamentos participativos ou outros similares).

 

Indicador 10.2.2: Ofrécese o contido do Plan Urbanístico por medios electrónicos e incorporouse aos sistemas de información de nivel supramunicipal?

Valor actual: Non

Compromiso 2030: Si (Procederase a unha actualización da ferramenta Catafís que engadirá o plan urbanístico xunto con outras funcionalidades intelixentes que favorezan a toma de decisións).

 

Indicador 10.2.3: Disponse de mecanismos efectivos para favorecer a gobernanza multinivel e, en particular, a coordinación dos instrumentos de ordenación?

Valor actual: Non

Compromiso 2030: Si (Crearanse novos marcos de colaboración supramunicipais, concretamente en materias sensibles e necesitadas de coordinación como poden ser mobilidade, auga ou economía).

Indicador 10.3.1: Cóntase cos medios para acceder aos programas e axudas públicas de alcance europeo, nacional e autonómico en materia de desenvolvemento urbano?

Valor actual: Si

Compromisos 2030: Si (Incrementar a capacidade do Concello, para poder abordar toda a xestión de fondos necesaria para a implementación do PEAL da Axenda Urbana).

 

Indicador 10.3.2: Disponse da capacidade económica e financeira a nivel local para abordar os compromisos no contexto da Axenda Urbana?

Valor actual: Parcialmente

Compromisos 2030: Integralmente (Chegar a dispoñer da capacidade económica e financeira necesaria para levar a cabo o resto de compromisos contidos na presente Axenda Urbana Local).

Indicador 10.4.1: Disponse dun plan ou estratexia de formación e sensibilización cidadá que favoreza a consecución dos obxectivos establecidos na Axenda Urbana?

Valor actual: Non

Compromisos 2030: Si (Creación dunha estratexia de sensibilización cidadá ligada á axenda urbana, que revise e potencie as accións de sensibilización xa levadas a cabo no ámbito de plans anteriores e que propoña novas unificándoas baixo o paraugas da Axenda Urbana).

 

Indicador 10.4.2: Número de persoas beneficiarias de actividades de formación e sensibilización nas materias incluídas na Axenda Urbana.

Valor actual: 0

Compromisos 2030: 16.841 (preténdese que, ao final do período de vixencia da Axenda Urbana, polo menos un 20% da poboación do municipio participase en actividades formativas e/o de sensibilización relacionadas con esta).