Qué é a Axenda Urbana?

Cales son os actuais retos da cidade de Pontevedra? Como queremos que sexa a Pontevedra do futuro?
A Axenda Urbana de Pontevedra trata de dar resposta a estas e outras cuestións para deseñar, dentro do marco da Axenda Urbana Española, un plan de acción cun total de dez dimensións estratéxicas que permitan conseguir unha Pontevedra sostible, inclusiva, diversa e agradable para os seus habitantes.

A Axenda Urbana de Pontevedra créase no marco da convocatoria de axudas á elaboración dos proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española, dentro do ODS 11 Cidades e Comunidades Sostibles.

 O financiamento da Unión Europea, a través dos Fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno estatal e da súa Axenda Urbana Española, foi clave para a creación da Axenda Urbana de Pontevedra.