Participación

01
01

Encontros con representantes do Consello Económico Social e consellos parroquiais

A fin de debater, expoñer e recoller propostas orientadas á elaboración do Plan de acción da Axenda Urbana de Pontevedra, realizáronse diferentes reunións con distintos axentes sociais da cidade, entre as que destacan os encontros con representantes do Consello Económico Social e dos consellos parroquiais.

02
02

Enquisas a pé de rúa á cidadanía

Orientadas a recoller a opinión cidadá sobre a Axenda Urbana, realizáronse enquisas a pé de rúa en diferentes puntos da cidade, co obxectivo de recoller as opinións da cidadanía de maneira directa, a través de enquisadores, en relación con cuestión relativas ao cambio climático, o modelo de cidade, a mobilidade, a economía urbana e outras cuestións que se inclúen na Axenda Urbana. el cambio climático, el modelo de ciudad, la movilidad, la economía urbana y otras cuestiones que se incluyen en la Axenda Urbana.

As localizacións seleccionadas foron a zona do Castañal - Valdecorvos - avda. de Lugo - Pasarela - Loureiro Crespo; zona centro; zona Mollavao - avda. de Marín - Rosalía de Castro – Oliva e zona do Mercado.

03
03

Enquisas a pé de rúa á infancia.

A fin de recoller a visión das máis e os máis pequenos de Pontevedra sobre diferentes ámbitos realizáronse tamén preguntas aos sectores máis novos da poboación en distintos puntos da cidade. Estas cuestións formuláronse en Campolongo, Pasarela, Ferrería e Palmeras.

04
04

Encontros sectoriais con axentes clave da cidade.

Co obxectivo de validar o borrador do diagnóstico previamente elaborado, así como perfilar e concretar os retos de futuro para os diferentes ámbitos de Pontevedra, celebráronse un total de tres encontros sectoriais ou mesas de participación. Cada unha destas mesas abordou unha temática concreta:Medioambiente, Urbanismo e Territorio”, “Economía, Emprego, e Economía Circular”; e “Inclusión social, Vivenda, Innovación dixital e Gobernanza”.Medioambiente, Urbanismo y Territorio”, “Economía, Empleo, y Economía Circular”; e “Inclusión social, Vivienda, Innovación digital y Gobernanza”.

05
05

Encontro participativo co grupo interdepartamental.

No marco participativo da Axenda Urbana de Pontevedra, celebrouse un encontro con diferentes técnicos municipais, coa finalidade de validar os retos previamente identificados no borrador do diagnóstico, así como recoller as problemáticas e as necesidades das diferentes áreas que compoñen a cidade.

06
06

Acción de rúa dirixida ás nenas e nenos de Pontevedra

Co obxectivo de achegar o seu contido ás nenas e aos nenos de Pontevedra, desenvolvéronse dúas xornadas ou eventos participativos en relación coa Axenda Urbana de Pontevedra nas que se recolleron os seus desexos para a cidade e se lles prestou axuda para entenderen a importancia da contorna na que viven, xogan, estudan e se relacionan cos demais.

Estes obradoiros ou xornadas desenvolvéronse na Praza de Barcelos e Campolongo, para fomentar o uso do espazo público como área de debate e encontro social, e estiveron dirixidos ás nenas e aos nenos de Pontevedra para recoller a súa visión da cidade e as necesidades que nela atopan.

 

07
07

Obradoiros de formación para persoal municipal do Concello de Pontevedra sobre localización dos ODS na súa cidade

A fin de facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento de competencias que serán de utilidade para a execución dos obxectivos que se expoñan no Plan de acción da Axenda Urbana de Pontevedra e para a realización dos proxectos e os programas que se desenvolverán no marco do devandito plan, levouse a cabo un evento formativo evento formativo dirixido ao persoal do Concello de Pontevedra. A formación impartida tivo os seguintes obxectivos: evento formativo dirigido al personal municipal del Ayuntamiento de Pontevedra. La formación impartida tiene los siguientes objetivos:

  • Mellorar a comprensión das competencias necesarias para a planificación, deseño e xestión de proxectos a desenvolver no marco da Axenda Urbana de Pontevedra.
  • Mellorar a comprensión do marco que ofrecen os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e a súa localización no municipio de Pontevedra.
  • Dar a coñecer a Axenda Urbana para a UE e o papel do desenvolvemento urbano integrado para o período de programación 2021-2027, así como a Axenda urbana española e as oportunidades que o seu marco ofrece ao municipio de Pontevedra.
08
08

Obradoiro para o deseño de solucións que dean resposta aos obxectivos de desenvolvemento sostible na túa cidade para a cidadanía en xeral

Co obxectivo de experimentar e aprender baixo a metodoloxía Design Thinking e conseguir solucións innovadoras que lles dean resposta aos diferentes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), leváronse a cabo tres obradoiros didácticos e participativos en relación coa Axenda Urbana Española, abertos ao conxunto da cidadanía de Pontevedra. Design Thinking buscando alcanzar soluciones innovadoras que den respuesta a los diferentes Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS), se llevaron a cabo tres talleres didácticos y participativos en relación con la Agenda Urbana Española, abiertos al conjunto de la ciudadanía de Pontevedra.