Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Contorna urbana saudable e activo

Obxetivo estratéxico: «Evitar la dispersión urbana y revitalizar la ciudad existente».

Pontevedra mostra un núcleo urbano compacto e integrado, que congrega máis da metade da poboación local, e de elevada calidade urbana, para dar paso a unha primeira coroa periférica ou rururbana, de posterior creación e cun certo potencial para a súa rexeneración, e, complementariamente, unha segunda coroa de carácter rural, cunha elevada dispersión poboacional.

A actual dimensión estratéxica deberá abordar os retos sociais, económicos e ambientais, tomando o espazo urbano como soporte e incluíndo ferramentas para perseguir estruturas urbanas compactas e polifuncionais, que contribúan á rexeneración de tecidos urbanos degradados.

Ademais, abordarase a transformación e a integración sostible das áreas da cidade actualmente en desuso ou degradadas, integrándoas na trama urbana. Así mesmo, tratarase a expansión do modelo urbano existente na cidade compacta a outras áreas periféricas, para conseguir un desenvolvemento urbano sostible e integrado, a través dunha perspectiva medioambiental. Estudarase, tamén, a necesaria renaturalización e o reverdecemento da cidade, integrando as dinámicas fluviais dos ríos Lérez e Gafos e fomentando a conectividade ecolóxica mediante corredores verdes e áreas forestais.

Obxectivos específicos:

  • 1. Definir un modelo urbano que fomente a compacidade, o equilibrio urbano e a dotación de servizos básicos.
  • 2. Garantir a complexidade funcional e a diversidade de usos.
  • 3. Mellorar a calidade e a accesibilidade universal dos espazos públicos.
  • 4. Mellorar o medio natural urbano e reducir a contaminación.
  • 5. Impulsar a rexeneración urbana.
  • 6. Mellorar a calidade e a sostibilidade dos edificios.

Actuacións estratéxicas:

  • 1. Recuperación e rexeneración do espazo público nos terreos actualmente ocupados por concesións.
  • 2. Rural de calidade e integrado. Implementación de núcleos de centralidade e mellora da mobilidade periurbana.
  • 3. Rexeneración urbana integral en áreas periurbanas.
  • 4 Rexeneración do patrimonio etnográfico e ambiental do barrio da Moureira.
  • 5. Incremento dos espazos verdes de proximidade.
  • 6. Plan director de usos para o Convento de Santa Clara.