Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Xestión sostible dos recursos

Obxectivo estratéxico: «Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular».

As cidades sitúanse como o principal foco de consumo de recursos naturais, así como de xeración de residuos, pois producen entre o 60 e o 80 %, mentres que a eficiencia enerxética está altamente relacionada co propio metabolismo urbano, o que implica a necesidade de conseguir a máxima eficiencia en relación co uso e a xestión de recursos naturais nas cidades.

Pontevedra está camiñando nesta liña nos últimos años, coa promoción e implementación dun modelo de mobilidade baseado na prioridade peonil, ademais de apostar polo concepto de cidade sostible e saudable desde outras áreas do municipio. Polo tanto, avanzarase na consecución dunha cidade sostible e saudable, coa integración de conceptos como o de mobilidade, xestión de residuos, alimentación de proximidade ou economía circular.

Obxectivos específicos:

  • Ser máis eficientes enerxeticamente e aforrar enerxía
  • Optimizar e reducir o consumo de auga
  • Fomentar o ciclo dos materiais
  • Reducir os residuos e favorecer a súa reciclaxe.

Actuacións estratéxicas:

  • 1. Estratexia Pontevedra Efecto PO2.
  • 2. Implementación de comunidades enerxéticas
  • 3. Implementación do Plan de compostaxe e xestión sostible de residuos.