Obxectivo estratéxico: "Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible"
A mobilidade é un elemento clave nas políticas urbanas, que inflúe nas pautas de desenvolvemento urbano, así como na calidade de vida da cidadanía.
Pontevedra converteuse en referencia e exemplo de boa praxe co seu modelo de mobilidade urbana e a consecuente transformación do espazo público, e a súa aposta por una prioridade peonil. Este ámbito estratéxico tratará de continuar coa expansión e a ampliación do modelo ás áreas máis periféricas da cidade, tal e como se está a facer recentemente, aumentando a conectividade entre estas áreas e co núcleo urbano da cidade, baixo unha perspectiva de xénero e inclusión social.
Obxectivos específicos:
- Favorecer a cidade de proximidade.
- Potenciar modos de transporte sostibles.
Actuacións estratéxicas:
- 1. Mellora da mobilidade urbana e a calidade d espazo público.
- 2. Fomento da intermodalidade sostible.
- 3. Continuación da Vía Verde do Salnés no Concello de Pontevedra.