Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Economía creativa

Obxectivo estratéxico: «Impulsar y favorecer la economía urbana».

Entendendo o urbanismo como a disciplina que permite integrar múltiples perspectivas, a sostibilidade económica debe traspasar o elemento estritamente económico e permitir que contribúa á consecución simultánea dos demais obxectivos. Desde esta óptica, en Pontevedra destaca o elevado peso do sector terciario e cultural na cidade, xunto coa súa elevada calidade urbana.

Co finalidade de darlles resposta aos retos transversais da cidade, como fixar e atraer poboación nova, fomentar a innovación dixital e o emprendemento, e potenciar o sector primario, Pontevedra manifesta unha forte aposta pola industria cultural, apoiándose na presenza do Campus CREA (UVigo) en Pontevedra; impulsando a chamada economía creativa e promocionando emprego en sectores clave da cidade. Así mesmo, búscase potenciar e consolidar a elevada oferta gastronómica existente de gran calidade, sinérxica coa do espazo urbano, e afianzar a cidade como un destino turístico de calidade.

Obxectivos específicos:

  • Buscar a produtividade local, a xeración de emprego e a dinamización e diversificación da actividade económica.
  • Fomentar o turismo intelixente, sostible e de calidade e os sectores clave da economía local.

Actuacións estratéxicas:

  • 1. Fomento da empregabilidade en Pontevedra.
  • 2. Fomento del emprendemento creativo.
  • 3. Programa de impulso da produción e a comercialización de produtos agroalimentarios de proximidade.
  • 4. Fomento o turismo de calidade en Pontevedra. Plan de sostibilidade turística.
  • 5. Estratexia Silver Economy.