Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Contorno innovador e intelixente

Obxectivo estratéxico: liderar e fomentar a innovación dixital 

As novas tecnoloxías enténdense como recurso de gran valor na xestión da cidade actual. O concepto de smart city, malia que con moitos matices discutibles, enténdese como a aplicación da innovación dixital na cidade, ofrecéndolle á cidadanía espazos de convivencia e desenvolvemento persoal, profesional e social do máximo valor, benestar e competitividade; favorecendo un desenvolvemento urbano sostible, vinculado á elevada calidade urbana ou á cultura e á creatividade na cidade; e favorecendo a diversificación económica e produtiva relacionada coa innovación dixital.  

No caso de Pontevedra, tomaranse como base as accións xa en proceso na cidade, como a ferramenta Catafís, que posibilitará unha democratización da información, así como os diferentes observatorios existentes, no marco de colaboración coa Universidade de Vigo, como son o Observatorio Urbano de Pontevedra e o Observatorio PO2, ademais do informe de Cultura na cidade. 

Obxectivos específicos: 

  • Favorecer a sociedade do coñecemento e avanzar cara ao desenvolvemento das cidades intelixentes (smart cities) 
  • Fomentar a Administración electrónica e reducir a fenda dixital  

Actuacións estratéxicas: 

  • 9.1. Catafís. Consolidación e expansión dunha estratexia de xestión do dato  
  • 9.2. Programa de formación dixital