Os nenos e as nenas das ludotecas “Conciliaverán” da Fanpa están a traballar a lume de biqueira na axenda xigante coas súas propostas para Axenda Urbana de Pontevedra e así llo mostraron a Miguel Anxo Fernández Lores, que hoxe foi a visitar a ludoteca de Campolongo. Mozos e mozas de Infantil e Primaria debateron e dialogaron co alcalde tanto os aspectos que máis lles gustan da Boa Vila como as ideas e propostas de mellora para o futuro da nosa cidade. Realizamos dúas sesións, unha co alumnado de Educación Infantil e outro co de Educación Primaria. O río, os parques e xardíns e a accesibilidade das rúas de sonas os aspectos que centraron o debate das dúas sesións. Foi unha mañá en grao sumo produtiva!
#agendaurbanapontevedra #nuestraAxenda #Yyoquepuedohacer? #laciudadquequeremos