Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Instrumentos e gobernanza

O Concello de Pontevedra conta cun amplo corpo normativo, composto por un total de 42 ordenanzas e regulamentos, conxunto razoablemente regrado e actualizado , estruturado nun total de 18 ámbitos, como son Administración electrónica, Arquivo municipal, Benestar social, Consello Económico e social, Convivencia cidadá, Lingua galega, Medio ambiente, Ocupacións na vía pública, Participación cidadá, Pazo de Congresos e Exposicións, Policía Local, Promoción económica, Proxección de datos, Regulamentos orgánicos, Subvencións, Transportes, Tráfico e Urbanismo.

Aínda que é certo que, dentro do catálogo de regulamentos e ordenanzas municipais, o conxunto formado polas ordenanzas e regulamentos pertencentes ao ámbito do Benestar social e Administración electrónica son os que constan cun maior número de regulamentos e normativas, destacamos tamén como un dos ámbitos máis regulados o relativo a espazo público e mobilidade. En canto ás ordenanzas fiscais, pódese dicir que o Concello conta cun catálogo completo, aínda que con posibilidade de incorporar novas perspectivas, como poden ser as climáticas, ambientais, ou de xénero.

En materia de gobernanza, como estudos e documentos marco para conformar a base inicial sobre o que asentar esta análise, partimos inicialmente do Regulamento de participación cidadá no Concello de Pontevedra. Este documento, aprobado no ano 1999 e o cal desenvolveremos posteriormente de maneira máis detallada, ten como obxecto establecer as formas, medios e procedementos de información e participación do conxunto da cidadanía na xestión municipal, para facilitar a información sobre as actividades e a xestión municipal, así como facilitar e promover a iniciativa e participación cidadá na xestión municipal, fomentar o asociacionismo cidadán, así como garantir a solidariedade e o equilibrio entre os distintos barrios e parroquias.

No ámbito da gobernanza, o Concello de Pontevedra conta co programa Pontevedra Participa, área virtual na cal se ofrece información de contacto sobre os diferentes concelleiros responsable de cada área do concello, así un cuestionario ao dispor da cidadanía a través do cal facer chegar aos axentes locais suxerencias, así como estatísticas acerca das consultas máis frecuentes.

Pontevedra Participa é un sistema de participación pública nos asuntos municipais para fomentar a implicación da cidadanía no futuro de cada barrio ou parroquia, o cal conta cunha atención específica, de maneira que os e as concelleiras responsables de cada territorio atenderán as demandas cidadás nunha axenda acordada cos veciños.

No ámbito da participación, distínguese a participación na área urbana da participación no ámbito rural, sendo conscientes das diferenzas e necesidades existentes en cada ámbito, mediante os chamados consellos territoriais.

De cara a fomentar toma de decisiones conjunta en las decisiones y proyectos de la ciudad y gobernanza, se han llevado a cabo mecanismos de consulta y participación ciudadana en varios proyectos a realizar en la ciudad, destacando la Estrategia DUSI “Más Modelo Pontevedra”,así como las diferentes actuaciones llevadas a cabo con el fin de implantar el modelo de movilidad urbana y espacio público vigente actualmente en Pontevedra.

Retos

  1. Establecer novos eixos temáticos en materia normativa.
  2. Consolidar e ampliar as experiencias de Participación Cidadá.
  3. Fomentar fórmulas de cooperación supramunicipal.