Obxectivo estratéxico: «Mejorar los instrumentos de intervención y la gobernanza».
Coa finalidade de implementar un correcto marco normativo, correlativo ás diferentes medidas que se van incluír nos ámbitos estratéxicos propostos, maniféstase a necesidade de poñer en marcha un axeitado marco normativo. Así mesmo, fomentar unha cidadanía formada e informada, vinculada ao proceso de transformación da súa cidade, será clave para lograr unha correcta implicación e participación de todos os sectores da cidade, tomando para iso como base as estruturas participativas xa existentes en Pontevedra. Neste marco, as accións propostas perseguirán a consolidación dunha cidadanía formada e informada, mediante accións que permitan a educación, a formación e a sensibilización en diversas áreas transversais ao urbanismo, así como estruturas estables que impliquen a poboación no desenvolvemento sostible da cidade, partindo dun marco normativo transparente, integral e integrado.
Obxectivos específicos:
- 1 Lograr un marco normativo e de planificación actualizado, flexible e simplificado que mellore, tamén, a xestión.
- 2. Asegurar a participación cidadá e a transparencia e favorecer a gobernanza multinivel.
- 3 Impulsar a capacitación local e mellorar o financiamento.
Actuacións estratéxicas:
- 1. Creación de marcos de colaboración supramunicipais.
- 2. Consolidación de estruturas participativas municipais.
- 3. Ordenación do marco normativo local.
- 4. Administración transparente.
- 5. Cidadanía e cidade.