Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Vivenda

Obxectivo estratéxico: «Garantizar el acceso a la vivienda».

A Axenda Urbana de Pontevedra pretende incluír medidas e accións orientadas a mellorar o parque edificatorio existente, para adaptalo ás necesidades actuais, así como facilitar o acceso á vivenda, mediante unha resposta integrada e sostible.

A presente dimensión estratéxica daralles resposta aos principais retos en materia de vivenda, aliñados aos retos existentes no panorama estatal. Inclúe medidas cuxa finalidade é aumentar o parque de vivenda pública de calidade, o que atraerá poboación nova, así como fomentar accións de mellora da eficiencia enerxética e enerxías limpas na vivenda privada. Isto consolidará un parque edificatorio sostible e eficiente, garantirá a cohesión social no territorio, favorecerá a fixación e atracción de poboación nova e consolidará Pontevedra como unha cidade adaptada ás necesidades da poboación máis envellecida, dentro dunha área metropolitana dinámica e en crecemento.

Obxectivos específicos:

  • Fomentar a existencia dun parque de vivenda adecuado a prezo accesible.
  • Garantir o acceso á vivenda, especialmente dos colectivos máis vulnerables.

Actuacións estratéxicas:

  • 1. Ampliación da Oficina de Vivenda
  • 2. Estudo de vivenda. Identificación e revitalización de contornos degradados
  • 3. Estudo para a implementación da covivenda en Pontevedra.