Diagnose da Axenda Urbana Pontevedra 2030

Xestión sostible dos recursos e economía circular

Os consumos de enerxía eléctrica do Concello de Pontevedra correspondente ao período 2014-2015 (outubro de 2014- setembro de 2015, ambos inclusive) suma un total de 10.162.277 KWh, onde a iluminación pública representa o 70%. Ademais, en relación á eficiencia enerxética do parque residencial para esa mesma data, en Pontevedra revélase un consumo aproximado anual de 10.331 KWh. A estratexia DUSI da cidade conclúe que, para o caso das vivendas unifamiliares -o 19,3% das vivendas do total- consómese máis do 50% da enerxía do municipio destinada a calefacción, cun maior consumo enerxético para as vivendas construídas entre os anos 1981-2007, así como as anteriores a 1940.

A rede de abastecemento de Pontevedra, dá cobertura a un 90,5% da poboación, producíndose certas carencias nas áreas rurais, así como naquelas áreas do terreo situadas a unha maior cota de elevación. Esta rede está ligada a un total de 8 depósitos, que suman unha capacidade máxima de 38.580,00 m3.

En canto á rede de saneamento de Pontevedra destaca positivamente o feito de que un 95,2% da poboación ten acceso a esta, mentres que o 99,1% do total da rede é separativa. En termos absolutos, un total de 37.373 vivendas están incluídas na rede de saneamento.

En relación al metabolismo urbano, el Plan Monte VivoEn relación ao metabolismo urbano, o Plan Monte Vivo, en colaboración coas comunidades de montes, persegue unha maior sustentabilidade urbana, xerando unha rede de parques forestais que permita consolidar un anel verde que protexa o núcleo urbano -e as áreas rurais próximas- de posibles incendios. A cidade, ademais, conta na actualidade cunha pequena rede de hortos urbanos municipais, que suman un total 1.018,60 m².

O modelo urbano e de mobilidade de Pontevedra minimiza profundamente as emisións en CO2 e o consumo enerxético no sistema de transportes, apostando pola unha mobilidade peonil e sostible na cidade compacta.

En canto á xestión dos residuos sólidos urbanos, a aprobación dun novo contrato de Xestión de residuos pretende un cambio de paradigma, reducindo as emisións de CO2 e incrementando a economía circular, complementario ao Plan Composta, xa implementado na cidade, e o cal realiza unha xestión sostible dos biorresiduos, mediante a transformación de compost.

Retos

  1. Continuar a transformación do modelo PO2.
  2. Continuar coa promoción dunha economía circular na cidade.
  3. Favorecer unha xestión sostible do ciclo da auga.